Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2022 Páx. 35539

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de operario de servizos múltiples/condutor.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 5 de maio de 2022, aprobáronse as bases que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal laboral fixo, unha praza de operario de servizos múltiples/condutor.

As bases íntegras foron publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 133, do 11 de xuño de 2022.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello.

A Pontenova, 13 de xuño de 2022

Darío Campos Conde
Alcalde presidente