Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2022 Páx. 35535

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2022

Por Resolución da Alcaldía do 24 maio, aprobouse a oferta de emprego público deste concello para o 2022, que contén as prazas que se citan de seguido:

Persoal laboral:

Estabilización de emprego temporal (disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro).

– Encargado/a do Punto de Atención á Infancia.

Nivel de titulación: a exixida na normativa reguladora da comunidade autónoma para a provisión do posto.

Número de vacantes: 1.

Sistema de acceso: concurso.

– Persoal de apoio do Punto de Atención á Infancia.

Nivel de titulación: a exixida na normativa reguladora da comunidade autónoma para a provisión do posto.

Número de vacantes: 1.

Sistema de acceso: concurso.

Promoción interna:

– Oficial/a de 1ª encargado/a de obras e servizos múltiples.

Sistema: concurso-oposición.

– Oficial/a de 1ª de obras e servizos múltiples.

Sistema: concurso-oposición.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 91.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 128 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, así como no artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, referida aos procesos de estabilización de emprego temporal.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo durante o prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ao da devandita publicación, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Friol, 27 de maio de 2022

José Ángel Santos Sánchez
Alcalde