Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2022 Páx. 35534

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na rúa Emilio González López, polígono de Los Rosales, A Coruña (expediente 631/2022/157).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 8 de xuño de 2022, acordou aprobar inicialmente o documento denominado estudo de detalle para a ordenación do volume edificable no solar nº 50 da rúa Emilio Glez. López, polígono de Los Rosales, A Coruña. Maio 2022, promovido por Desarrolla Obras y Servicios, S.L., redactado por Arqyur, S.C. e asinado polo arquitecto Alfredo Garrote Pazos e as arquitectas Mónica Mesejo Conde e Sara Prieto Hortas.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, na epígrafe información urbanística, na web de Urbanismo, e no visor «Desenvolvemento do Planeamento». Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, logo de cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou dirixirase ao registrourbanismo@coruna.es.

A Coruña, 9 de xuño de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27 de xuño)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo