Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2022 Páx. 34699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Baiona (expediente IN407A 2020/008-4 modificado).

Feitos:

Primeiro. O 6 de febreiro de 2020, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS e CTC en praia Ladeira.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que a instalación consiste na substitución do actual centro de transformación intemperie praia Ladeira (36A757) por un centro de transformación en edificio prefabricado da mesma potencia e a instalación dunha liña eléctrica soterrada RSMT que alimentará o novo centro de transformación proxectado. As obras sitúanse na parroquia de Sabarís, no concello de Baiona (Pontevedra).

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas. A empresa promotora manifestou á súa conformidade cos condicionados establecidos.

Terceiro. Mediante escrito do 3 de xuño de 2020, esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica referida ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Cuarto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución do 3 de xuño de 2020 publicada nos seguintes medios:

DOG: 26 de xuño de 2020.

BOPPO: 3 de xullo de 2020.

Xornal Faro de Vigo: 26 de xuño de 2020.

Taboleiro de anuncios do Concello de Baiona desde o 9 de xuño de 2020 ao 21 de xullo de 2020 conforme certificado expedido polo propio concello.

Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

Quinto. O 3 de novembro de 2020, esta xefatura territorial ditou unha resolución de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Baiona (expediente IN407A 2020/008-4).

Sexto. O 26 de outubro de 2021, UFD Distribución Electricidad, S.A. achegou unha modificación do proxecto inicial debido á modificacións substanciais necesarias para cumprir coas condicións exixidas polo Concello de Baiona.

Analizado o proxecto, conclúese que as instalacións eléctricas recollidas no proxecto modificado consisten en:

• Retirada do centro de transformación praia Ladeira (36A757) de 400 kVA e a súa substitución por outro de 630 kVA.

• Retirada dos tramos GON8032476, GON8032510 e GON8032503 na derivación a CT praia Ladeira e retirada de seis apoios de formigón e dos XS 36HL59 e 36H480.

• Instalación dunha liña de media tensión aérea de 16 metros de lonxitude.

• Instalación dunha liña de media tensión subterránea de 54 metros de lonxitude.

Sétimo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Baiona, Augas de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas, a Demarcación de Costas de Pontevedra, o Instituto de Estudos do Territorio, o Servizo de Patrimonio Cultural, o Servizo de Patrimonio Natural e o Servizo de Urbanismo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitidos por Augas de Galicia, o Concello de Baiona, o Instituto de Estudos do Territorio, o Servizo de Patrimonio Natural e o Servizo de Urbanismo.

A Axencia Galega de Infraestruturas, a Demarcación de Costas de Pontevedra e o Servizo de Patrimonio Cultural non emitiron condicionados, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Oitavo. Mediante escrito do 30 de outubro de 2020, esta xefatura territorial notificou a nova solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica referida ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Noveno. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante Resolución do 30 de novembro de 2021 publicada nos seguintes medios:

DOG: 23 de decembro de 2021.

Xornal Faro de Vigo: 13 de decembro de 2021.

Taboleiro de anuncios do Concello de Baiona desde o 1 de decembro de 2021 ao 10 de xaneiro de 2022 conforme certificado expedido polo propio Concello.

Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 18, do 25 de xaneiro de 2018) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Retirada do tramo GON8032476, GON803510 e GON8032503, desmontando un total de 281 metros de condutor LA-30 desde o apoio existente 9QWUEJ5A//5-A1) que será substituído por un C-2000/18. Retirase un total de cinco apoios de formigón e os XS 36HL59 e 36H480.

LMT área a 20 kV, con condutor LA-56, de 16 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/18 e final no apoio existente 9QWLF814//5-A1-1-CTA no que está instalado o CT Sabarís Cementerio (36A756).

LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1 de 54 metros de lonxitude en dous tramos. O primeiro tramo de 27 metros de lonxitude ten orixe na LMTS existente GON8140285 entre o CT Brisa Roma 2 (36CLV6) e o CT Arena (36CBX3) e final no CT proxecto. O segundo tramo de 27 metros ten orixe no CT proxectado e final na LMTS existente GON8140285.

Substitúese o centro de transformación praia Landeira (36A757) por un centro de transformación de 630 kVA de potencia, compacto manobra exterior 2L1P telecontrolado con GPRS/FO en envolvente prefabricada de formigón con telexestión BT, con relación 2000/400 V.

As instalacións están situadas no lugar de Sabarís, na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no concello de Baiona (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Deixar sen efecto a autorización do 3 de novembro de 2020, desta xefatura territorial pola que se outorga autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Baiona (expediente IN407A 2020/008-4).

Segundo. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS e CTC en praia Ladeira (modificado), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condición establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 19 de maio de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra