Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2022 Páx. 34718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 18 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Pescanova España, S.L. para unha planta de elaboración de preparados de produtos do mar en Chapela, Redondela (expediente 2020-IPPC-M-51).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisión industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro de 2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Revisión da autorización ambiental integrada. Planta de elaboración, preparados de produtos do mar.

Para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións u observacións que considere convenientes.

Os documentos estarán á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións u observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2020-IPPC-M-51.

Número da autorización ambiental integrada: 2016-IPPC-87-320.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.1.b.i) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Pescanova España, S.L.

NIF: B94123916.

Localización da instalación: polígono industrial de Chapela, 36320 Redondela (Pontevedra).

Referencia catastral da parcela: 7406208NG2870N0001OM, 7406203NG2870N0001PM.

Actividade principal: elaboración de preparados de produtos do mar.

Descrición: a planta de Pescanova España, S.L., ten por actividade principal a elaboración de preparados de produtos do mar. As instalacións ocupan una parcela de aproximadamente 56,322 m² no polígono industrial de Chapela, no concello de Redondela (Pontevedra).

A actividade produtiva desenvolvida no lugar obxecto de estudo está centrada na fabricación de produtos derivados da pesca, principalmente surimi e, en menor medida, pesca natural e preparado de paella.

De forma xeral, o proceso para a elaboración de surimi baséase en:

– Recepción de materias primas, envases e auxiliares.

– Preparación previa, xelificación/cocción, formación.

– Conxelación, envasado, pasteurización.

– Arrefriamento/conxelación.

– Embalaxe/paletizado e almacenamento.

Este proceso varía lixeiramente no caso de elaboración de paella e dos produtos da pesca.