Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 30 de maio de 2022 Páx. 31782

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lobeira

ANUNCIO polo que se aproba a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante o Acordo do Pleno deste concello do 3 de maio de 2022 aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal coas seguintes prazas:

Persoal laboral:

Denominación e situación actual das prazas

Número de prazas

Sistema de acceso

Auxiliar servizo de axuda no fogar

4

Concurso

Chofer de tractor-rozadoira

1

Concurso

Auxiliar servizo de axuda no fogar

1

Concurso-oposición

Animador sociocultural-auxiliar administrativo

1

Concurso-oposición

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Lobeira.

Contra a presente resolución pódese interpoñer alternativamente recurso de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente ou, a elección do interesado, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto.

Todo iso sen prexuízo de que poida interpor vde. calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

Lobeira, 4 de maio de 2022

Antonio Iglesias Álvarez
Alcalde presidente