Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Venres, 27 de maio de 2022 Páx. 31398

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de convocatoria para o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados no expediente de expropiación forzosa tramitado para a execución das obras de urbanización parcial das rúas Cataluña, Celso Emilio Ferreiro e de nova apertura (A. Alvajar e M. Araújo).

A Alcaldía do Concello de Narón, en execución do acordo plenario adoptado o día 30 de setembro de 2021, que aprobou definitivamente o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras de urbanización parcial das rúas Cataluña, Celso Emilio Ferreiro e de nova apertura (A. Alvajar e M. Araújo), ditou resolución o día 27 de abril de 2022, a cal se transcribe a seguir:

Primeiro. De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados e o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a fixación definitiva do prezo xusto.

Segundo. Polo anterior, procede fixar as datas en que se procederá ao levantamento das correspondentes actas de pagamento e ocupación, de conformidade cos artigos 49 e 55 do regulamento da Lei de expropiación forzosa e demais que resulten de aplicación.

Terceiro. En consecuencia, convócanse e cítanse os titulares dos bens e dereitos afectados por este expediente e que figuran na táboa anexa para que comparezan nas oficinas do Servizo de Expropiacións, sito no 6º andar deste concello, nas datas e nas horas que se detallan, co fin de levar a cabo os seguintes actos: o pagamento ou a consignación do prezo xusto e o levantamento das actas de ocupación.

Para estes actos deberá terse en conta:

Que o pagamento do prezo xusto só se lles fará efectivo aos interesados que acrediten en forma legal a súa titularidade, consignarase en caso contrario. De existiren cargas, deberán comparecer os seus titulares debidamente acreditados.

Que se o expropiado non quixese aceptar o pagamento ou non achegase títulos suficientes xustificativos do dominio, ou existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, se concorrese algún dos supostos do artigo 51 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, consignarase o importe do prezo xusto na Caixa Xeral de Depósitos.

Que para o cobramento do prezo xusto é necesaria a comparecencia do interesado por si ou por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado) e, no caso de que o predio ou o dereito pertenza a varias persoas, é necesaria a comparecencia de todos elas por si ou debidamente representadas.

Que para facilitar a confección dos documentos de pagamento e a efectividade deste é conveniente que os interesados acheguen á Administración actuante (Concello de Narón) os documentos xustificativos dos seus dereitos con anterioridade ás datas fixadas para o levantamento das actas de pagamento. Para os casos de sucesión dos dereitos derivados do expediente expropiatorio, ademais, achegarán documentos suficientes acreditativos da sucesión alegada e da lexitimidade da persoa interesada para o cobramento das cantidades en cuestión (certificado de defunción, actos de última vontade, liquidación do imposto de sucesións, testamento, operacións particionais, etc.).

Cuarto. Notifíqueselles esta resolución aos interesados e publíquese no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello, o que lles servirá de notificación aos interesados descoñecidos e a aqueles dos cales se ignore o lugar de notificación ou aos cales, tentada a notificación, non se puidese efectuar, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinto. Ademais, notifíquese ao Ministerio Fiscal para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa en relación cos predios de titularidade descoñecida.

Narón, 27 de abril de 2022

Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa presidenta

ANEXO

Nº predio

Titular

Referencia catastral

Data

Hora

01

Luis Pérez Penedo

4458804NJ6145N0001TH

13.6.2022

9.00

02

Francisca López Penedo

María del Pilar López Penedo

Mercedes López Penedo

Susana López Penedo

Luis Pérez Penedo

4458805NJ6145N0001FH 4458805NJ6145N0002GJ

13.6.2022

10.00

03A

Carmen Anidos Mera

Álvaro Anidos Mera

Antonio Anidos Mera

4558112NJ6145N0001FH 4558112NJ6145N0002GJ 4558112NJ6145N0003HK

14.6.2022

9.00

03

Ángel Barro Mera

Herdeiros de Manuel Barro Mera

Herdeiros de Asunción María Mera Hermida
Carmen Anidos Mera

Álvaro Anidos Mera

Antonio Anidos Mera

4558112NJ6145N0001FH 4558112NJ6145N0002GJ 4558112NJ6145N0003HK

14.6.2022

10.00

04

Herdeiros de Asunción María Mera Hermida

4458806NJ6145N0001MH

14.6.2022

11.00

05

María Ángeles Quintía Lazcano
Manuel Lorenzo Lazcano

4458807NJ6145N0001OH

13.6.2022

12.00

06

Descoñecido

Parcela non catastrada, sita no lugar da Gándara, que linda: ao norte e ao oeste, María Ángeles Quintía Lazcano e outro; ao sur, Nagru Un, S.L. e María Ángeles Quintía Lazcano e outro, e ao leste, descoñecido

13.6.2022

12.30

08

Nagru Un, S.L.

Parcela non catastrada

14.6.2022

12.30

09

Descoñecido

Parcela non catastrada, sita no lugar da Gándara, con fronte á rúa A. Alvajar, que linda: ao norte, Luis Pérez Penedo; ao sur, Asunción María Mera Hermida; ao leste, Luis Pérez Penedo e Asunción María Mera Hermida; e ao oeste, rúa A. Alvajar

13.6.2022

13.00