A Alcaldía, mediante Resolución do 19 de maio de 2022,
RESOLVE:
«1º. Aprobar, en cumprimento do disposto no parágrafo segundo do artigo 2.1 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, a oferta extraordinaria de emprego público de estabilización de emprego temporal dos postos afectados polo proceso de estabilización previsto no artigo 19.un.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, e incluídos nas ofertas de emprego público 2019 e 2020 deste concello e non convocadas, que a seguir se relacionan:
Persoal laboral:
Denominación |
Nº |
Xornada |
Sistema de acceso |
Limpador/a escola infantil 0-3 anos |
1 |
Parcial |
Concurso |
Coidador/a de axuda a domicilio |
8 |
Parcial |
Concurso |
Auxiliar de coordinación SAF |
1 |
Parcial |
Concurso |
Conserxe oficios varios centro social |
1 |
Parcial |
Concurso |
Persoal laboral:
Denominación |
Nº |
Xornada |
Sistema de selección |
Auxiliar de biblioteca |
1 |
Parcial |
Concurso |
Técnico/a en ximnasia terapéutica |
1* |
Parcial |
Concurso |
Monitor/a actividades físico-deportivas |
1* |
Parcial |
Concurso |
Limpadoras/es CEIP e edificios municipais |
6* |
Parcial |
Concurso |
Coidadoras Plan madruga e comedor escolar |
2* |
Parcial |
Concurso |
Mestres da escola municipal de música de Meaño |
3* |
Parcial |
Concurso |
Mestres da escola municipal de música de Meaño |
10* |
Parcial |
Concurso |
* Fixos descontinuos
2º. Facer pública esta oferta de emprego, mediante a súa publicación no correspondente diario oficial, ao abeiro do artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.
3º. Os devanditos postos serán obxecto de provisión mediante convocatoria pública, que será publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra coas súas correspondentes bases, e mediante extracto das ditas convocatorias no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado».
O que se fai público en cumprimento do artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e do artigo 2.2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Meaño, 19 de maio de 2022
Carlos Viéitez Fernández
Alcalde