Mediante Resolución da Alcaldía deste concello, do 20 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a seguir se relacionan:
Persoal funcionario:
Grupo de clasificación |
Categoría |
Nº prazas |
Sistema de acceso |
A1 |
Arquitecto |
1 |
Concurso |
Persoal laboral:
Grupo de cotización da Seguridade Social |
Categoría laboral |
Nº prazas |
Sistema de acceso |
Tipo de xornada |
1 |
AEDL |
1 |
Concurso |
Completa |
2 |
Axente TIC de Aula Cemit |
1 |
Concurso |
Completa |
8 |
Porteiro encargado de servizos varios |
1 |
Concurso |
Completa |
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Leiro.
Contra a presente resolución pódese interpoñer alternativamente recurso de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente ou, a elección do/da interesado/a, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.
Leiro, 20 de maio de 2022
Francisco José Fernández Pérez
Alcalde