No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 91, do 22 de abril de 2022, publicouse a oferta de emprego público ordinaria deste concello para o ano 2022, que comprende o número total de prazas de persoal funcionario de carreira e de persoal laboral fixo que a seguir se detallan:
Persoal funcionario:
Grupo |
Denominación da praza |
Clasificación |
Núm. de vacantes |
Sistema de acceso |
C1 |
Administrativo/a |
Escala de administración xeral, subescala administrativa |
1 |
Concurso oposición libre |
Persoal laboral fixo:
Grupo |
Denominación da praza |
Clasificación |
Núm. de vacantes |
Sistema de acceso |
E |
Limpador/a |
Escala de administración xeral, subescala subalterna |
1 |
Concurso oposición libre |
E |
Peón/oa |
Escala de administración xeral, subescala subalterna |
1 |
Concurso oposición libre |
Todas as prazas de persoal funcionario e os postos de persoal laboral fixo serán obxecto de provisión mediante convocatoria pública, que será publicada no Boletín Oficial da provincia de Ourense coas súas correspondentes bases e programas, e mediante extracto delas no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.
Queda pendente de negociación e aprobación a oferta de prazas de persoal laboral que afecta o proceso de estabilización de emprego temporal previsto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Avión, 25 de abril de 2022
Antonio Montero Fernández
Alcalde