Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 18 de maio de 2022 Páx. 29294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2022 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento abreviado 135/2022, contra a convocatoria dos procesos selectivos para a funcionarización do persoal de administración e servizos laboral fixo.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo tramítase o procedemento abreviado número 135/2022, interposto por Raimundo Castillo Reboiro contra a Resolución do 10 de febreiro de 2022 pola que se convocan, para o persoal laboral fixo de administración e servizos, os procesos selectivos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira nas escalas e subescalas propias da Universidade de Vigo.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 2 de maio de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo