Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto adoptouno a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra, por delegación da presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 2 de maio de 2022
María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO-832, conta 279.
Interesados: comunidade hereditaria de Damián Álvarez Fernández e Antonina Vidal Alejos.
Acto obxecto de notificación: resolución pola que se acorda a extinción do contrato de acceso diferido á propiedade.