Polo Decreto da Alcaldía nº 2022-0192, do 11 de maio de 2022, aprobouse a oferta pública de emprego do ano 2022, para a estabilización de emprego temporal, cuxo contido en extracto é:
Praza de posto de persoal laboral temporal a tempo parcial en referencia á convocatoria excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración, ocupada con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016 (disposición adicional 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público).
Denominación da praza: Aux. administrativo. Secretaría do Xulgado de Paz.
Categoría/Grupo: IV.
Nº prazas: 1.
Situación laboral: contrato laboral temporal a tempo parcial (15 horas semanais).
Concurso (DA 6ª e 8ª Lei 20/2021): 1.
A Capela, 11 de maio de 2022
Manuel Meizoso López
Alcalde