Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local deste concello, do 6 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, coas seguintes prazas:
Persoal laboral:
– Denominación: auxiliar de axuda no fogar.
Nº de vacantes: 9.
Grupo: 4.
Xornada: completa.
Sistema de acceso: concurso.
– Denominación: limpador/limpadora.
Nº de vacantes: 2.
Grupo: 10.
Xornada: media xornada.
Sistema de acceso: concurso.
– Denominación: cociñeiro/cociñeira servizo xantar en rodas e comedor escolar.
Nº de vacantes: 2.
Grupo: 4.
Xornada: completa.
Sistema de acceso: concurso.
– Denominación: arquitecto/a municipal.
Nº de vacantes: 1.
Grupo: 1.
Xornada: completa.
Sistema de acceso: concurso.
– Denominación: oficial 1ª de servizos varios.
Nº de vacantes: 1.
Grupo: 8.
Xornada: completa.
Sistema de acceso: concurso-oposición.
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Muíños no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.
O que se fai público para xeral coñecemento, advertíndolles ás persoas interesadas que contra o dito acordo, que pon fin á vía administrativa, poden interpor, alternativamente, o recurso de reposición potestativo, ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses a contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderán interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.
Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se puidese considere máis conveniente ao seu dereito.
Muíños, 6 de maio de 2022
Plácido Álvarez Dobaño
Alcalde