A Xunta de Goberno Local do Concello de Cervo, en sesión realizada o día 20 de abril de 2022, aprobou inicialmente o proxecto de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución da ampliación do Museo do Mar nos seguintes bens e dereitos:
Nº predio |
Ref. catastral |
Sup. parcela |
Afección |
Sup. afectada |
Titular/inquilino |
3380 |
5795006PJ2359N |
1.466,89 m² |
total |
1.466,89 m² |
MCDI |
AR |
0,00 |
inquilino |
0,00 |
ILB |
De conformidade cos artigos 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 293 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia, sométese á información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais do Concello de Cervo, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello:
http://cervo.sedelectronica.es
O presente anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non poida efectuarse a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.
Cervo, 21 de abril de 2022
Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde