O Concello de Cee, mediante Resolución da Alcaldía número 363/2022, do 19 de abril, acordou aprobar a oferta de emprego público de 2022 para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións do artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Persoal laboral:
Denominación da praza: peón/oa de limpeza de dependencias. Categoría: peón/oa. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa por sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: estabilización concurso.
Denominación da praza: peón/oa de limpeza viaria. Categoría: peón/oa. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso.
Denominación da praza: peón/oa de cafetaría. Categoría: peón/oa. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso.
Denominación da praza: técnico/a de oficina laboral. Categoría: orientador/a laboral. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso.
Denominación da praza: coordinador/a de centro social. Categoría: coordinador/a. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso.
Denominación da praza: responsable de casa da cultura. Categoría: técnico/a. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa por sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso.
Denominación da praza: avogado/a CIM. Categoría: avogado/a. Núm. de prazas: 1. Situación laboral: indefinida non fixa sen sentenza xudicial. Ocupada. Sistema de acceso: concurso.
Cee, 20 de abril de 2022
Margarita Lamela Louzán
Alcaldesa