Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2022 Páx. 28598

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2020/U032/000001).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 28 de marzo de 2022, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 7 do Plan xeral de ordenación municipal de Carballo (PXOM), aliñacións en Quintela (Artes) e A Barreira (Carballo); segundo a documentación técnica redactada polos arquitectos Beatriz Aneiros Filgueira (colexiada nº 2137 do COAG) e Álvaro Fernández Carballada (colexiado nº 1047 do COAG), presentada o 14 de febreiro de 2022 (RE 2022999000000530), e a addenda correspondente á normativa da modificación puntual presentada o 15 de marzo de 2022 (RE 2022999000000988).

O que se somete á información pública por un prazo de dous meses en cumprimento dos artigos 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 144 do regulamento da dita lei, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por esta poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Conforme o previsto no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación inicial da modificación puntual determina, en por si, a suspensión das licenzas nos ámbitos en que as novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente. Esta suspensión terá un período máximo de dous anos e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva. As áreas corresponden ao ámbito da modificación puntual indicado nos planos e no resumo executivo.

A totalidade do documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do concello na seguinte ligazón:

http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Carballo, 12 de abril de 2022

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde