Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 3 de maio de 2022 Páx. 26591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 20 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2014/0197-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita no teléfono 986 81 70 11.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselle que, de non o interpoñer no tempo e na forma que proceda, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que neles se sinala, xa que, noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Expediente: RL 2014/0197-4.

Acta: I362014000082509.

Empresa: UTE Urzaiz Soutomaior (Vías y Construcciones y Corsan-Corviam Const., S.A.).

Enderezo: subida á Estación Vella, 35-2º, Redondela.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: anexo II, número 2.3, e anexo I, números 1.11 e 13, ambos os dous do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo, en relación co disposto no artigo 4.1 do Real decreto 485/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas en materia de sinalización e seguridade no traballo, e artigo 14.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 12.16.b), 39.3.a) e c), e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 1.4.2022.

Resolución: multa de 20.000 €.

Vigo, 20 de abril de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra