Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 3 de maio de 2022 Páx. 26589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 25 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático, polo que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e a documentación de solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada, co número de rexistro 2007/0272_NAA/IPPC_222, outorgada a Aluminios Cortizo, S.A. para o complexo industrial de tratamento e produción de perfís de aluminio de Estramundi, situado nos concellos de Padrón e Rois (expediente 2022-IPPPC-M-37).

Para os efectos previstos no artigo 29.1 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), faise público que por espazo de 30 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, queda exposto o estudo de impacto ambiental e a solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada do complexo industrial de tratamento e produción de perfís de aluminio de Estramundi presentada por Aluminios Cortizo, S.A., para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente y sostenibilidad>>prevención y control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proyectos en información pública).

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Categoría principal da actividade: 2.6 (Instalacións para o tratamento de superficies de metais e materiais plásticos por procedemento electrolítico ou químico, cando o volume das cubetas ou das liñas completas destinadas ao tratamento empregadas sexa superior a 30 m3).

Titular: Aluminios Cortizo, S.A.

NIF: A15077761.

Domicilio social: estrada Padrón-Noia, km 2, Estramundi, s/n, 15901 Padrón (A Coruña).

Enderezo da instalación: estrada Padrón-Noia, km 2, Estramundi, s/n, 15901 Padrón (A Coruña).

Actividade principal: sector do aluminio, abrangue todo o proceso produtivo, desde a obtención de tocho de aluminio de segunda fusión a partir de chatarra, ata a obtención de perfís de aluminio (extrusionado), o tratamento de superficies metálicas (lacado e anodizado), foliado de perfís de PVC, operacións auxiliares (rotura de ponte térmica, mecanizado, embalaxe, almacenamento, etc.) e o tratamento das augas residuais.

Descrición da modificación: preténdese realizar modificacións no proceso de lacado (entre as que se inclúen a instalación dunha nova liña de lacado e a introdución dunha nova etapa de tratamento nas dúas liñas de lacado existentes) e a ampliación do caudal de vertedura de augas residuais industriais, así como un cambio na localización do punto de vertedura.

Verteduras: solicítase unha ampliación do caudal máximo de vertedura nun 38,9 % respecto do actual autorizado, mantendo as características deste (tipo e concentración de contaminantes), e un cambio de localización do punto de vertedura (trasladándoo do regato Meixos ao río Sar).