Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 3 de maio de 2022 Páx. 26585

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Valadouro (expediente IN407A 2021/73 AT).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionaria: BEGASA.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Denominación: LAT subterránea y reforma de varios CT existentes para o peche do anel 20 kV en Ferreira.

Situación: concello do Valadouro.

Características técnicas:

• LMT soterrada a 20 kV, de alimentación ao CT 11165 da avda. Viveiro, con orixe no CT 11165 da avda. Viveiro existente e final no apoio A26231 (saída rural en dirección Mansián), cunha lonxitude de 350 metros de condutor tipo RHZ1-240 mm.

• LMT soterrada a 20 kV, entre o CT 5420 Castellana e o CT 8233 viv. sociais, con orixe nunha cela de liña do CT 5420 Castellana e final no CT 8233 viv. sociais, cunha lonxitude de 765 metros de condutor tipo RHZ1-240 mm.

• LMT soterrada a 20 kV, de alimentación ao CT 5420 Castellana, con orixe no apoio A55642 existente (entrada da LATS S. Martiño a Ferreira) e final no CT 5420 Castellana, cunha lonxitude de 410 metros de condutor tipo RHZ1-240 mm.

• Reforma do CT prefabricado 8233 viv. sociais, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia instalada de 630 kVA, consistente na substitución das celas existentes por un novo conxunto de celas de distribución telecontroladas, instálanse tres celas de liña telemandadas e unha de protección do CT, a renovación do circuíto de terras e a nova ponte entre a cela de protección e o transformador con relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Reforma do CT prefabricado 11165 da avda. Viveiro, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia instalada de 630 kVA, consistente na substitución das celas existentes por un novo conxunto de celas de distribución telecontroladas, instálanse tres celas de liña telemandadas e unha de protección do CT, a renovación do circuíto de terras e a nova ponte entre a cela de protección e o transformador con relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Reforma do CT prefabricado 5420 Castellana, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia instalada de 250 kVA, consistente na substitución das celas existentes por un novo conxunto de celas de distribución telecontroladas, instálanse dúas celas de liña telemandadas e unha de protección do CT, a renovación do circuíto de terras e nova ponte entre a cela de protección e o transformador con relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Reforma do CT prefabricado 4716 Caxado, consistente en desmontar unha cela de liña.

• Reforma do CT prefabricado 9231 Arco da Vella, consistente en desmontar unha cela de liña.

• Desmontaxe de 980 metros de condutor tipo RHZ1-95.

Finalidade da instalación: mellora da subministración.

Orzamento: 189.083,63 euros.

Documentación complementaria:

• Separata para o Concello do Valadouro

• Separata para a AXI.

• Separata para Augas de Galicia.

• Separata para a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para a autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción a estas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección da obra debe realizala un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 18 de abril de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo