Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 3 de maio de 2022 Páx. 26582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 7 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2022/35-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, nº 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación da LMTA SAC805 entre os apoios números B4KOLBVG//21-16 e B4OURFEC//21-24.

Situación: concello de Ourense.

Características principais recollidas no proxecto:

• Reforma para a súa regulamentación, por distancias antirregulamentarias ao terreo e a deterioración nos apoios, na LMTA SAC805 O Carballiño 5, a 20 kV, coa substitución de sete apoios en mal estado, que pasan a ser apoios metálicos e do propio condutor, por un novo condutor do tipo LA-110 en 700 m de lonxitude. A reforma ten a súa orixe no apoio existente núm. B4K0N689//21-15 do expediente 2016/75-3 e o seu final no apoio existente núm. B4Q0X0VX//D21-24.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado núm. 482 do COITIOU, o 21.9.2021.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense, rúa Curros Enríquez núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 7 de abril de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2022/35-3.

Concello: Ourense.

Denominación da instalación: regulamentación da LMTA SAC805 entre os apoios números B4KOLBVG//21-16 e B4OURFEC//21-24.

Predios

Propietarios/as

Servidume

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Núm.

Sup. ocupada (m2)

1

Cuqueira

Matogueira

MVMC de Coto do Couto

21-16

2

2

Cuqueira

Matogueira

Descoñecido/a

21-17

2

3

Cuqueira

Matogueira

Descoñecido/a

21-18

2

4

Cuqueira

Matogueira

Delmiro García Fernández

21-19

2

5

A Fonte

Monte alto

Esperanza González Vázquez

21-20

21-21

4

6

A Fonte

Monte alto

Descoñecido/a

21-23

2