Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2022 Páx. 26037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022 pola que se autoriza a transmisión inter vivos dun parque de cultivos mariños na ría de Pontevedra.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión inter vivos dun parque de cultivo e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. José Benito Fernández Carballa (***7653**) en virtude do cambio de dominio publicado no DOG núm. 111, do 11 de xuño de 1999, é titular dun parque de cultivo mariño de 595 m2 de dominio público marítimo terrestre no lugar denominado O Estanque, na praia de Campelo, entre Escofiños e Illa dos Ratos, Poio (Pontevedra).

Segundo. Mediante escrito do 28 de marzo do 2022, José Benito Fernández Carballa (***7653**) solicitou autorización para a transmisión da titularidade e da concesión administrativa do parque de cultivo mariño do que é titular.

Terceiro. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Cuarto. No expediente consta Resolución da Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo que autoriza unha prórroga extraordinaria da concesión administrativa ata o 16 de outubro de 2050.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 21 de febreiro de 2022, de delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 110, do 9 de xuño).

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Moluscos Rías Baixas, S.A.U. (A36031714), do parque de cultivo mariño e da concesión administrativa, que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: parque de cultivo.

Especies: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata) e ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum).

Localización: O Estanque, entre Escofiños e Illa dos Ratos, Campelo, Poio (Pontevedra).

Título habilitante: concesión.

Data de outorgamento: Orde ministerial do 16 de outubro de 1975.

Superficie de dominio público marítimo terrestre: 595 m2.

Remate da vixencia: 16.10.2050.

Actual titular: José Benito Fernández Carballa (***7653**).

Novo titular: Moluscos Rías Baixas, S.A.U. (A36031714).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e nas obrigas do anterior desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 30 de marzo de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
A xefa territorial de Vigo
P.S. (Resolución do 19.1.2022)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica