Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2022 Páx. 26035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 8 de abril de 2022, polo que se declara a perda da condición de utilidade pública e a conseguinte exclusión do Catálogo de montes de utilidade pública dunha parcela no monte Ruña, número 103-K, no concello de Mazaricos.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o seguinte anuncio:

O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 8 de abril de 2022 adoptou, entre outros, o seguinte

ACORDO:

1. Declarar a perda da condición de utilidade pública e a conseguinte exclusión do Catálogo de montes de utilidade pública da seguinte parcela localizada no monte Ruña, número 103-K, situado na parroquia de Colúns do concello de Mazaricos (A Coruña):

– Parcela coa referencia catastral 15046A402003380000QR, de 112.337 m2 de superficie (11,23 ha).

2. A superficie do monte de utilidade pública, logo desta modificación, pasará a ser de 235,48 ha.

3. Dar traslado ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico da citada modificación da declaración de utilidade pública.

Contra este acordo as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, con carácter potestativo, ante o Consello da Xunta de Galicia no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2022

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal