Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2022 Páx. 24653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2021/114 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, 9.

Denominación: soterramento DC Ceao 1-2 Polígono Ceao-Zona norte.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas principais:

• LMT soterrada Ceao 1, con orixe nunha cela existente na subestación Ceao, entra e sae no CS proxectado Morbidell Galicia, entra e sae no CS proxectado Estación Mercancías e remata nun empalme coa LMT existente Ceao 1 dirección CT 1871 Rúa das Comunicacións, cunha lonxitude de 680 metros, en condutor RHZ1-240 mm.

• LMT soterrada Ceao 2, con orixe nunha cela existente na subestación Ceao ata o centro de transformación proxectado Rúa dos Transportes, do cal sae unha liña soterrada ata o CT 1415 Rúa do Vidro e unha liña soterrada que se conectará mediante un empalme na liña soterrada existente dirección CS Ingapan, cunha lonxitude de 885 metros, en condutor RHZ1-240 mm.

• LMT soterrada Morbidell Galicia, consistente no desprazamento do condutor existente en conversión aéreo a soterrada que se conectará na cela do centro de seccionamento proxectado, en edificio prefabricado 2L+1V (interruptor automático para CT 7081 Morbidell Galicia 1), cunha lonxitude de 8 metros, condutor RHZ1-95.

• LMT soterrada Estación Mercancías, consistente no desprazamento do condutor existente en conversión aérea a soterrada que se conectará na cela do centro de seccionamento proxectado, en edificio prefabricado 2L+1P (CT 9819 E. Mercancías), cunha lonxitude de 8 metros, condutor RHZ1-95.

• LMT soterrada Cromados Estévez, consistente no desprazamento do condutor existente desde o centro de transformación 14210 Ceao 4, que se desmontará, e a súa conexión na cela do centro de transformación proxectado prefabricado 3L+1P+1V (interruptor automático para CT 11563 Cromados Estévez).

• Centro de seccionamento Morbidell Galicia en edificio prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de interruptor automático.

• Centro de seccionamento Estación de Mercancías en edificio prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.

• Centro de transformación en edificio prefabricado Rúa dos Transportes, cunha potencia de 630 kVA (transformador recuperado do CT 14210 Ceao 4, que se desmontará) no cal se instalan tres celas de liña, unha de protección de transformador e unha de interruptor automático para CT 11563 Cromados Estévez.

Finalidade da instalación: mellora da subministración.

Orzamento: 270.902,24 euros.

Documentación complementaria:

• Separata para o Concello de Lugo.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección da obra deberá realizala un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 4 de abril de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo