Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2022 Páx. 24656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2021/100 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9.

Denominación: reforma CT 882 Flores.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas principais:

• Reforma do CT non prefabricado (882) Flores, cunha potencia de 2×630 kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V, consistente en:

Substitución da aparellaxe ao aire existente por aparellaxe de nova xeración.

Instalación de dúas novas celas de liña de SF6 telemandadas, dúas de protección de transformador e unha de interruptor automático.

Instalación de dúas máquinas de 630 kVA cada unha.

Instalación de dous cadros de baixa tensión e ampliación destes.

Instalación de novas pontes de MT e BT.

Modificación do circuíto de iluminación, emerxencia e terras.

Finalidade da instalación: nova subministración.

Orzamento: 79.178,06 €.

Documentación complementaria:

• Separata para o Concello de Lugo.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra debe realizala técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 4 de abril de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo