Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 8 de abril de 2022 Páx. 22740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 21 de marzo de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Cidade (ampliación), a prol dos veciños e veciñas de Cristimil e A Torre, na parroquia de Las (San Cibrao), no concello de San Amaro (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión celebrada o 9 de marzo de 2022, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Cidade (ampliación) a prol dos/das veciños/as de Cristimil a A Torre, na parroquia de Las (San Cibrao), no concello de San Amaro (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 28 de novembro de 2019, tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común no cal solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas A Cidade (ampliación).

Segundo. Con data do 23 de xuño de 2021, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designar instrutor e realizar as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación obrante no expediente, descríbese así:

Nome do monte: A Cidade (ampliación).

Superficie: 9,24 ha (segundo as superficies gráficas das parcelas catastrais).

Pertenza: CMVMC de Cristimil e A Torre.

Parroquia: Las (San Cibrao).

Concello: San Amaro.

Nas seguintes táboas indícanse as referencias catastrais das parcelas obxecto de clasificación, así como as das estremeiras:

Predio 1: formado por terreos lindeiros (ao sur, oeste e norte) cos declarados propiedade da CMVMC de Cristimil e A Torre por sentenza xudicial, atravesados pola estrada OU-0410.

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

32075A06800009

32075A06800191

32075A06800190

32075A06800130

32075A06700001

32075A06700164

32075A06709004

32075A06700163

32075A06700054

Norte

32075A06800008

Leste

32075A06800030

32075A06800035

32075A06800036

32075A06800037

32075A06809001

32075A06800054

32075A06800058

32075A06800060

32075A06800061

32075A06800063

32075A06800070

32075A06800094

32075A06809003

32075A06800097

32075A06800098

32075A06800109

32075A06800116

32075A06800120

32075A06800122

32075A06800053

32075A06709008

32075A06709009

32066A01009011

32066A00909001

32066A00900539

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Sur

32075A06700279

32075A06700280

32075A06700278

32075A06700277

32075A06700228

32075A06700227

32075A06700226

32075A06700225

32075A06700224

32075A06700223

32075A06700222

32075A06700221

32075A06700220

32075A06700219

32075A06700218

32075A06700217

32075A06700216

32075A06700215

32075A06700214

32075A06700213

32075A06700212

32075A06700211

32075A06700207

32075A06700210

32075A06700197

32075A06700168

32075A06700167

32075A06700166

32075A06700165

32075A06700162

32075A06700161

32075A06700160

32075A06700158

32075A06700157

32075A06700156

32075A06700155

32075A06700154

32075A06700153

32075A06700150

32075A06700091

32075A06700090

32075A06700089

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Oeste

32075A06709003

32075A06700132

32075A06700131

32075A06700130

32075A06700055

32075A06700050

32075A06700049

32075A06700048

32075A06700047

32075A06700046

32075A06700053

32075A06700052

32075A06700043

32075A06700051

32075A06700038

32075A06700037

32075A06700036

32075A06700035

32075A06700034

32075A06700033

32075A06700031

32075A06700030

32075A06700028

32075A06700027

32075A06700024

32075A06700305

32075A06700023

32075A06700022

32075A06700021

32075A06700020

32075A06700019

32075A06700018

32075A06700017

32075A06700016

32075A06700015

32075A06700013

32075A06700006

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

32075A06700005

32075A06700004

32075A06700003

32075A06700002

32075A06809004

32075A06809005

Predio 2: formado por terreos lindeiros, polo norte, cos declarados propiedade da CMVMC de Cristimil e A Torre por sentenza xudicial.

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

32075A06800192

Norte

32075A06809003

32075A06800132

Leste

32075A06809101

32075A06800131

32075A06800123

32075A06800124

Sur

32075A06800053

Oeste

32066A01009011

32075A06800121

32075A06800119

32075A06800106

Predio 3: formado por terreos lindeiros, polo nordeste, cos declarados propiedade da CMVMC de Cristimil e A Torre por sentenza xudicial.

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

32075A06800193

Norte

32066A01000821

32066A01000816

32066A01000815

32066A01000813

Leste

32066A01000811

Sur

32066A01000896

Oeste

32075A06800053

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala Contencioso-Administrativa do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu Regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado A Cidade (ampliación) a favor dos/das veciños/as de Cristimil a A Torre, na parroquia de Las (San Cibrao), no concello de San Amaro (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 21 de marzo de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense