Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 8 de abril de 2022 Páx. 22736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 21 de marzo de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común dos montes denominados A Xariña, Depósito e Os Lameiros, a favor dos veciños/as da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pazos, na parroquia de Barxés (Santa María), no concello de Muíños (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artículo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 9 de marzo de 2022, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Xariña, Depósito e Os Lameiros a favor dos/das veciños/as da CMVMC de Pazos, na parroquia de Barxés (Santa María), no concello de Muíños (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 12 de decembro de 2019, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da comunidade de montes de Pazos, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas A Xariña, Depósito e Os Lameiros.

Segundo. Con data do 23 de xuño de 2021, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:

Nome do monte: A Xariña, Depósito e Os Lameiros.

Superficie: 0,82 ha.

Pertenza: CMVMC de Pazos.

Parroquia: Barxés (Santa María).

Concello: Muíños.

Nas seguintes táboas indícanse as referencias catastrais das parcelas obxectos de clasificación, así como as das estremeiras.

Predio 1. Os Lameiros:

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

32052A02000704

Norte

32052A02009001

Leste

32052A02009005

Sur

32052A02000705

32052A02000706

32052A02000707

Oeste

32052A02000713

32052A02000722

Predio 2. Depósito:

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

32052A01900270

Norte

32052A01900271

Leste

32052A01900205

32052A01900204

32052A01900203

32052A01900202

32052A01900200

32052A01900201

32052A01900244

32052A01900245

Sur

32052A01900247

32052A01900269

Oeste

32052A01909005

Predio 3. A Xariña:

Estes terreos constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. As parcelas catastrais están separadas polo camiño coa referencia catastral 32052A01909001.

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

32052A01900257

32052A02101098

Norte

32052A01909006

Leste

32052A02101391

Sur

32052A02109017

Oeste

32052A02101308

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente, en réxime de comunidade sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala Contencioso-Administrativa do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa. Correspóndelle constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu Regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado A Xariña, Depósito e Os Lameiros a favor dos/das veciños/as da CMVMC de Pazos, na parroquia de Barxés (Santa María), no concello de Muíños (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 21 de marzo de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense