Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Emilia Rivera Menaz.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do 6 de abril de 2021 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Emilia Rivera Menaz (ABI/2017/0003).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (Supl. N. núm. 98, do 24.4.2021), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 74, do 21.4.2021) e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos do Carballiño (Ourense) e do Irixo (Ourense), por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, en que se acredita o seu falecemento, o 26 de agosto de 2016, no municipio do Carballiño, e que aínda que outorgara testamento o 9 de novembro de 2012 a favor do seu único fillo, Manuel Pérez Rivera, resultou ineficaz por premoriencia do herdeiro instituído. Así mesmo, figura igualmente incorporado o certificado do seu empadroamento no concello do Irixo, quedando formalmente xustificada a súa veciñanza civil galega.

Non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o Catastro inmobiliario, no índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información obtida de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que ao menos forman parte da masa hereditaria da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, entre os que se inclúen os procedentes da herdanza da súa nai, María Rivera Menaz, do seu marido, Felisindo Pérez García, e do seu fillo, Manuel Pérez Rivera, sen prexuízo da inclusión, ademais, daqueles outros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos:

– Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

– Código civil, artigos 657 e seguintes.

– Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20.bis e 20.ter.1.

– Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

– Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Decreto 11/2021, do 21 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Emilia Rivera Menaz, con DNI 34509478W, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Inmobles urbanos:

Piso segundo, letra D, do edificio número 2 da avenida Balneario, do Carballiño (Ourense), que ten unha superficie de 89,10 m² útiles segundo o Rexistro da Propiedade e 107 m² construídos segundo o Catastro inmobiliario. Non constan cargas nin gravames.

Referencia catastral: 5887606NG7958N0062QY.

Valor catastral: 30.846,88 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade do Carballiño, predio nº 17605, tomo 463, libro 124, folio 95.

Praza de garaxe número 18 do soto segundo do edificio número 2 da avenida Balneario, do Carballiño (Ourense), que ten unha superficie 14,70 m² útiles.

Referencia catastral: 5887606NG7958N0018KM.

Valor catastral: 3.567,90 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade do Carballiño, predio nº 17592/11, tomo 463, libro 124, folio 211.

Praza de garaxe número 19 do soto segundo do edificio número 2 da avenida Balneario, do Carballiño (Ourense), que ten unha superficie 14,70 m² útiles.

Referencia catastral: 5887606NG7958N0019LQ.

Valor catastral: 3.805,76 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade do Carballiño, predio nº 17592/12, tomo 463, libro 124, folio 212.

Terreo de 4.213 m² de forma triangular, no lugar de Enfesta, 9, do municipio do Irixo (Ourense), sobre o cal se asentan varias construcións destinadas a almacén de 13, 23 e 97 m². Estrema o conxunto: norte, parcela catastral nº 1484; sur e leste, camiño; e oeste, estrada.

Correspóndese coas referencias catastrais: 32036A045014850001AI 32036A045014850000PU e 000300800NH70A0001LH.

Valor catastral conxunto: 11.533,57 euros.

Non consta inscrición rexistral.

Edificio de andar único de 58 m² situado no lugar de Vilameá, 4, do municipio do Irixo (Ourense). Estrema: norte, parcela catastral nº 25; sur e oeste, zona de acceso desde o camiño; e leste, parcelas catastrais nº 25 e 26.

Referencia catastral: 002302400NH70C0001KA.

Valor catastral: 2.303,76 euros.

Non consta inscrición rexistral.

b) Inmobles rústicos:

Municipio do Carballiño (Ourense), identificado pola súa referencia catastral:

– 32020A032005330000RY.

Municipio do Irixo (Ourense), identificados pola súa referencia catastral:

– 32036A042021620000PO.

– 32036A042024100000PP.

– 32036A042024240000PJ.

– 32036A042024350000PB.

– 32036A043000890000PG.

– 32036A043000980000PM.

– 32036A043001260000PT.

– 32036A043002130000PA.

– 32036A043002240000PF.

– 32036A044000050000PL.

– 32036A044001140000PI.

– 32036A044002010000PF.

– 32036A045000730000PB.

– 32036A045002250000PU.

– 32036A045002360000PP.

– 32036A045002600000PU.

– 32036A045003950000PG.

– 32036A045005560000PP.

– 32036A045006440000PW.

– 32036A045007670000PZ.

– 32036A045008180000PK.

– 32036A045010250000PR.

– 32036A045010940000PX.

– 32036A045014580000PY.

– 32036A045014760000PX.

– 32036A045014850000PU.

– 32036A045016140000PW.

– 32036A045016150000PA.

– 32036A047001850000PB.

– 32036A047002290000PR.

– 32036A047002780000PA.

– 32036A047004240000PD.

– 32036A047004300000PJ.

– 32036A047004610000PI.

– 32036A047004700000PH.

– 32036A043000410000PD.

– 32036A043003280000PI.

– 32036A045000150000PT.

– 32036A045001750000PL.

– 32036A045001770000PF.

– 32036A045002200000PI.

– 32036A045004040000PK.

– 32036A045004580000PQ.

– 32036A045010260000PD.

– 32036A045011780000PT.

– 32036A045014770000PI.

– 32036A045016260000PF.

– 32036A047003220000PF.

– 32036A045016550000PP.

– 32036A047003580000PR.

c) Contratos e outros efectos bancarios:

– Banco Santander, conta: 0238 8233 76 0700524881.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, anuncio que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, nos taboleiros de anuncios dos concellos do Carballiño e do Irixo.

Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración, ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución, poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública