Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a inscrición do depósito da modificación dos estatutos sociais da entidade Unión de Cooperativas Asociación Gallega de Cooperativas Agrarias (Agaca).

En cumprimento do disposto no artigo 86 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección xeral, o 14 de marzo de 2022, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o depósito da modificación dos artigos 20, 21, 22, 24, 25, 29 e 39 dos estatutos sociais da entidade Unión de Cooperativas Asociación Gallega de Cooperativas Agrarias (Agaca), acordada na reunión da asemblea xeral que tivo lugar o 14 de xullo de 2021.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2022

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo
e Economía Social