Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 22 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a suspensión da instrución do expediente sancionador na orde social RL 2022/0024-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial o titular da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado (BOE), ao abeiro do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a suspensión cautelar da tramitación do expediente sancionador de referencia ao existir un procedemento xudicial iniciado no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cangas, dilixencias previas número 422/2020, por mor do accidente laboral dun traballador, ata que sexa ditada sentenza firme en aplicación do disposto no artigo 5 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, e artigo 3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. A dita paralización manterase ata que nesta xefatura se teña coñecemento da sentenza ditada ou orde de arquivamento.

Nº de expediente: RL 2022/0024-4.

Acta nº: I362021000061136.

Empresa: Recolte Servicios y Medioambiente, S.A.

Enderezo: avenida Alberto Alcocer, nº 24, 7º, Madrid.

Vigo, 22 de marzo de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra