Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 22 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021021COVID-PO e catorce máis).

A xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021021COVID-PO e catorce máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da resolución da Sentenza nº 183/2021, do Tribunal Constitucional, pola que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, se lles notifica aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra estas presente resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 22 de marzo de 2022

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE da persoa interesada

Último enderezo coñecico

2021021COVID-PO

X7287150Z

Rúa da Leira, 4, 36617 Vilagarcía de Arousa

2021025COVID-PO

11909703G

Travesía de Vigo, 219, 2º, porta 21, 36207 Vigo

2021725AE-PO

77459361F

Lampreeira, 7, 36157 Pontevedra

2021777AE-PO

52957350B

Rúa Alfonso Trabazo, B23, 3ºB, 36540 Silleda

2021968AE-PO

44277267J

Rúa Andrés Segovia, 35, 18199 Granada

20211104AE-PO

36101844D

O Pomar de Suso, 4-B, 36460 Salceda de Caselas

20211110AE-PO

77402711Y

Paradellas, 1, 36142 Vilaboa

20211116AE-PO

35430705X

Rúa O Cruceiro de Galáns, 18, 36611 Vilagarcía de Arousa

20211125AE-PO

X6061364J

Rúa Fabaloba-Berán, 23, 32420 Leiro

20211146AE-PO

10087923P

A Devesa, 9, 36570 Silleda

20211183AE-PO

54226142P

Rúa Frei Xoán Nieto, 3, 3º C, 15940 A Pobra do Caramiñal

20211199AE-PO

X7107987K

Rúa Rexedor Xoán de Linares, 3, 15940 A Pobra do Carmiñal

20211222AE-PO

Y1278685Z

Rúa Salamanca, 11, 5º esquerda, 36211 Vigo

20211317AE-PO

45159285G

Estrada do Portal, 109, 36314 Vigo

20211378AE-PO

36039281Y

Rúa Lugo, 1, 3º C, 36470 Salceda de Caselas