Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de marzo de 2022 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente COR/120/2017-B1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 21 de febreiro de 2022, resolución pola que se impón unha multa coercitiva, derivada do expediente de reposición de la legalidad urbanística COR/120/2017-RP1, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 11 de setembro de 2018 en que se ordena a demolición das obras dunha construción auxiliar de planta baixa, destinada a garaxe, acaroada a unha vivenda unifamiliar, e unha soleira de formigón, realizada sen autorización autonómica, no lugar de Brea, Cumbraos, no termo municipal de Mesía, provincia da Coruña, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poder realizar a notificación persoal da resolución á persoa con DNI 76516744E, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producida a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación os citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística