Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Salceda de Caselas (expediente IN407A 2021/216-4).

Expediente: IN407A 2021/216-4.

Promotora: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.

Denominación: LMTS, CS e reforma da LMT Monte Faro a Entenza.

Concello: Salceda de Caselas.

Feitos:

Primeiro. O 30 de setembro de 2021, a empresa Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación LMTS, CS e reforma da LMT Monte Faro a Entenza.

Segundo. O 22 de outubro e o 22 de decembro de 2021, Electra Alto Miño achega documentación complementaria ao proxecto ao responder os requirimentos realizados por esta xefatura.

Examinado o proxecto de execución e a documentación complementaria, conclúese que consiste na reforma da liña de media tensión aérea (LMTA) Monte Faro a Entenza (subderivación Entenza) desde o apoio C-3000/20 ata o apoio nº 18, proxectado C-7000/22 mediante a substitución e desprazamento de tres apoios (nº 16, 17 e 18) por outros de maior esforzo e altura, e substitución dos actuais condutores LA-56 por LA-110. Proxéctase a instalación dun centro de seccionamento (CS) e dunha liña de media tensión subterránea (LMTS) de 110 metros de lonxitude. As instalacións están situadas no lugar de Monte Faro, na parroquia de Entenza, no concello de Salceda de Caselas.

Terceiro. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Salceda de Caselas, que non emitiu o seu condicionado; enténdese, en consecuencia, a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG núm. 5, do 11 de xaneiro de 2021) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación a este expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias en Galicia (DOG núm. 203, de 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Repotenciación do tramo de liña de media tensión aérea (LMTA) existente Monte Faro a Entenza, con condutor LA-110 e 543 metros de lonxitude con orixe no apoio C-3000/20 (nº 15) existente e final no apoio proxectado C-7000/22 (nº 18A).

Liña de media tensión (LMTS) a 20 kV en catro actuacións:

1. LMTS entrada a CS de 26 metros de lonxitude, con orixe en paseo aéreo subterráneo (PAS) proxectado nº 18 e final no CS proxectado.

2. LMTS saída nº 1 de 26 metros de lonxitude, con orixe no CS proxectado e final no PAS proxectado.

3. LMTS saída nº 2 de 32 metros de lonxitude, con orixe no CS proxectado e final no apoio existente da LMT CT Lemos Romero.

4. LMTS saída nº 3 de 26 metros de lonxitude, con orixe no CS proxectado e final no PAS proxectado nº 18.

Centro de seccionamento en caseta prefabricada con catro celas de liña MT630 a 24 kV SF6 motorizadas, relés de protección e armario telemando.

As instalacións están localizadas no lugar de Monte Faro, na parroquia de Entenza, no concello de Salceda de Caselas (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar á empresa Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS, CS e reforma da LMT Monte Faro a Entenza, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. A empresa Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 8 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra