Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica no concello de Meaño (expediente IN407A 2022/57-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, nº 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT e CT AS Sobráns.

Situación: Meaño.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 122 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2.000/16 na LMT SAX804 e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación intemperie, situado no apoio proxectado C-3.000/14, a 100 kVA con RT 20 kV/400 V. A instalación está situada no lugar das Sobráns, concello de Meaño.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 11 de marzo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Concello: Meaño; lugar: Ante do Muíño; titular: Celia Curras Fernández; afección: 2 m² para un apoio e 12 metros de liña aérea con 236 m² de superficie de voo.

Predio 3. Concello: Meaño; lugar: Ante do Muíño; titular: Esperanza Domínguez Pérez; afección: 20 metros de liña aérea con 173 m² de superficie de voo.

Predio 5. Concello: Meaño; lugar: Telleiro; titular: herdeiros de Serafín Ucha Blanco; afección: 8 metros de liña aérea con 156 m² de superficie de voo.

Predio 6. Concello: Meaño; lugar: Longarela; titular: Juana Julia Méndez Pérez; afección: 43 metros de liña aérea con 406 m² de superficie de voo.

Predio 7. Concello: Meaño; lugar: Longarela; titular: José Manuel Antelo Dopazo; afección: 284 m² de superficie de voo.

Predio 8. Concello: Meaño; lugar: Longarela; titular: herdeiros de María Dalia Dopazo Dopazo; afección: 1 m² para un ½ apoio e 18 metros de liña aérea con 257 m² de superficie de voo.

Predio 9. Concello: Meaño; lugar: Longarela; titular: Manuel Lema Besada; afección: 1 m² para un ½ apoio e 1 metro de liña aérea con 106 m² de superficie de voo.