Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 11 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS403B (expediente 2020-00013834).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a través deste anuncio a resolución ditada no procedemento de conformidade co establecido na Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os, adoptadas/os ou declaradas/os en situación de garda con fins adoptivos no ano 2020 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B) publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 12, do 20 de xaneiro de 2020.

Para os efectos, emprázase a persoa interesada que figura no dito anexo, por si mesma ou a través da persoa que a represente legalmente, para que compareza no prazo máximo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres; ten á súa disposición o expediente para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que a resolución ditada neste procedemento esgota a vía administrativa e contra ela, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pódese interpoñer o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia. Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpoñer o recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa notificación, practicada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2022

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)

Núm. de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto administrativo e data

BS403B-2020-00013834

44845544Y

Resolución do 3.11.2021