Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 8 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta consellería (expediente 2019/AC/27/00003 e un máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que se relacionan no anexo para seren notificadas das resolucións ditadas pola xefatura territorial nos procedementos administrativos da súa competencia, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio das persoas interesadas.

Os expedientes están á disposición das persoas interesadas ou das persoas que as representen debidamente acreditadas, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán compareceren para coñecer o contido íntegro das referidas resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Advírteselles que, de non facelo, se terán por practicadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer o recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte á notificación, practicada por comparecencia, ante a persoa titular da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 8 de marzo de 2022

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. de expediente

Persoa interesada

Efectos xurídicos

Data da resolución

2019/AC/27/00003

33337600C, 49101797V

Desestimación

4.11.2021

2014/AI/27/00002

34883956V

Declaración de caducidade do

procedemento e arquivamento

11.1.2022