Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 22 de febreiro de 2022 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola de varias parcelas do termo municipal de Pantón (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 22 de febreiro de 2022, o cambio de actividade de forestal a agrícola das seguintes parcelas: parcela 215 do polígono 64; parcela 119 do polígono 58; parcelas 703, 704 e 514 do polígono 56 e parcela 509 do polígono 55 no termo municipal de Pantón (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 1 de febreiro de 2022.

Lugo, 18 de marzo de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo