No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 39, do venres 25 de febreiro de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra na ampliación da OEP 2021.
A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante a Resolución do 17 de febreiro de 2022, os procesos selectivos para a cobertura de diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra, incluídas na ampliación da oferta de emprego público do ano 2021, que a continuación se sinalan:
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala de xestión. Número de vacantes: 2. Denominación: técnico medio, mediante o procedemento de promoción interna.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: Agrupación profesional. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala subalterna. Número de vacantes: 2. Denominación: subalterno, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. Número de vacantes: 2. Denominación: traballador social, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios. Número de vacantes: 1. Denominación: bombeiro-condutor, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 4. Denominación: oficial electricista. Das catro prazas convocadas, dúas cubriranse mediante o procedemento de promoción interna e dúas mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial condutor mecánico, mediante o procedemento de promoción interna.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial xardineiro, mediante o procedemento de promoción interna.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial de obras, mediante o procedemento de promoción interna.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.
Pontevedra, 28 de febreiro de 2022
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura