Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17290

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido nos artigos 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, ou non sexa posible a notificación aos interesados, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, e a eficacia do acto notificado queda supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

Por medio deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas, para o cal son requiridas, e concédeselles un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo.

Nº de expediente

Nome/DNI/CIF

Referencia catastral

2835/2021

Ricardo González Alonso

36054A049005450000EZ

3028/2021

Higinio González Martínez

36054A047002350000EI

961/2021

Enrique Rodríguez López

36054A061003100000EU

150/2022

Descoñecido

36054A099005620000EQ

2114/2021

Herdeiros de Mª Marques Lage

36054A023003430000EJ

2114/2021

Nuria Esther Méndez Vicente

36054A023003450000ES

Tomiño, 21 de febreiro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 13.9.2019)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente