Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2022 Páx. 16837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ames (expediente-e IN407A 2021/150-1).

Expediente-e: IN407A 2021/150-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: LMTA, CTI e RBT Augapesada II.

Concello: Ames.

Feitos:

1. O 5 de agosto de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

Proxecto de execución nomeado: LMTA, CTI e RBT Augapesada II.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 1 de decembro de 2021.

– DOG: 28 de decembro de 2021.

– BOP: 10 de decembro de 2021.

– Xornal La Voz de Galicia: 15 de decembro de 2021.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 11 de xaneiro de 2022.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. De acordo co establecido no artigo 127 do RD 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidera afectar bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

Unión Fenosa Distribución, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos:

• Concello de Ames: enviada a separata ao organismo con data do 3.12.2021 non consta no expediente, a día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado.

• Augas de Galicia: enviada a separata ao organismo con data do 3.12.2021 non consta no expediente, a día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado.

• Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Coruña: enviada a separata ao organismo con data do 3.12.2021 non consta no expediente, a día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado.

• Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña-Servizo Provincial da AXI. O organismo remite informe con data do 15.12.2021. Unión Fenosa Distribución, S.A. acepta o seu condicionado mediante escrito con data do 18.1.2022.

• Telefónica de España, S.A. O organismo remite informe con data do 22.12.2021. Unión Fenosa Distribución, S.A. acepta o seu condicionado mediante escrito con data do 13.1.2022.

5. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

Instalacións de media tensión.

Nova liña aérea de media tensión de 0,222 km de lonxitude en condutor de tipo LA-56 composta por tres apoios. Inicio nun apoio (D49X) que se intercalará baixo a LMTA SNT821 e final no apoio D49X-2 onde se instalará un novo CTI de 100 kVA 20.000/400 V; entre ambos instalarase o apoio D49X-1 con XS.

Substitución dos apoios D49 e D50 da liña existente por apoios de tipo C-20/2000-E30 e C-18/3000-E30 respectivamente. No D49 repoñeranse os XS existentes para a derivada en condutor de tipo LA-30, que se retensará.

Liña aérea de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 0,097 km, con orixe no apoio existente D48 da LMT SNT821, en condutor LA-110 mm² Al, e final no apoio proxectado D49.

Liña aérea de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 0,097 km, con orixe no apoio existente D48 da LMT SNT822, en condutor LA-110 mm² Al, e final no apoio proxectado D49.

Instalacións de baixa tensión.

LBTS. Novo tramo de liña soterrada, en condutor de tipo XZ1-4×(1×240), entre o apoio proxectado HV-630-11 e o apoio existente de tipo HV-300-9, onde se conecta a RBTA existente.

LBTA. Van de 10 m de lonxitude en condutor de tipo RZ-3×150/80 entre el CTI proxectado e o apoio proxectado de tipo HV-630-11 que substituirá un apoio existente de tipo HV-100-9, onde se realizará a conexión coa RBTA existente en condutor de tipo RZ-3×50/54.6.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións de distribución eléctrica de media tensión.

b) As instalacións de baixa tensión deberán inscribirse no Rexistro de Liñas Eléctricas de Distribución de Baixa Tensión da Consellería de Enerxía, Empresa e Innovación, mediante o procedemento IN407D, de acordo coa Resolución do 8 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se regula o procedemento de rexistro de liñas eléctricas de distribución de baixa tensión (DOG núm. 142, do 17 de xullo).

c) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

d) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

e) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 25 de febreiro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña