Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2022 Páx. 16843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Teo (expediente-e IN407A 2021/130-1).

Expediente-e: IN407A 2021/130-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: LMTS, CTC e RBT Calo-Teo.

Concello: Teo.

Feitos:

1. O 9 de xullo de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

Proxecto de execución nomeado: LMTS, CTC e RBT Calo-Teo.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 17 de setembro de 2021.

– DOG: 11 de outubro de 2021.

– BOP: 23 de setembro de 2021.

– Xornal La Voz de Galicia: 1 de outubro de 2021.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 17 de setembro de 2021.

3. Durante o período no que se someteu o proxecto ao trámite de información pública, non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. De acordo ao establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, no seu caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidera afectar a bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos:

• Concello de Teo: o Concello remite informe con data do 14.10.2021. UFD acepta o seu condicionado mediante escrito con data do 29.10.2021.

• Deputación Provincial da Coruña: o organismo remite informe con data do 14.10.2021. UFD acepta o seu condicionado mediante escrito con data do 29.10.2021.

• Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Coruña: enviada a separata ao organismo con data do 10.9.2021 non consta no expediente, a día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado.

• Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Estradas, Demarcación de Estradas do Estado. Enviada a separata ao organismo con data do 10.9.2021 non consta no expediente, a día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado.

5. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron un informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

Instalacións de media tensión.

• Instalación dun novo centro de transformación (CT) de tipo prefabricado compacto maniobra exterior con envolvente de formigón 2L+1P telecontrolado, con transformador de 250 kVA/20 kV, localizado en predio de propiedade particular, con acceso desde vía pública.

• Línea de media tensión subterránea en condutores de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al), canalizados en gabia de 0,40 metros de largo e de entre 1,00 e 1,40 metros de profundidade, no interior de sendos tubos de polipropileno de Ø 160 mm, por viais municipais no termo municipal de Teo.

• A LMTS con inicio nos pasos aéreo-soterrados (PAS) a realizar no apoio nº 29 existente de tipo C-22/2000 da LMT SNT840 (expediente 51909), no tramo entre a derivada ao CT Casalonga (expediente 51/05) e a derivada ao CT particular Carballal (matrícula 15PG66), e finalizará no CT proxectado (entrada e saída), sendo a súa lonxitude total de 510 m.

• No apoio existente, onde se realizarán os PAS, se instalan pararraios autoválvulas de 24 kV/10 kA.

• Cruzamento coa estrada N-550 mediante perforación dirixida (26 m), cun total de seis tubos de polietileno de Ø 160 mm.

Instalacións de baixa tensión.

• Liña de baixa tensión soterrada (LBTS). Enlace coa rede de baixa tensión aérea existente con tres saídas de BT desde o novo CT, en condutores soterrados de tipo XZ1-0,6/1 kV, 4 (1×240 Al) e XZ1-0,6/1 kV, 4 (1×50 Al), cunha lonxitude total de 637 m, canalizados en gabia de entre 0,20 y 0,40 m de largo e de entre 0,80 e 1,40 m de profundidade, no interior de tubos de polipropileno de Ø 160 mm, compartindo canalización coa LMT proxectada na maior parte da traza.

• Liñas aéreas de baixa tensión (LBTA). Reforma da rede de BT aérea existente. Substitución dalgúns dos condutores existentes de tipo RZ-3×25/54,6 e RZ-3×50/54,6, por novos condutores illados de tipo RZ-3×95/54,6 (232 metros) e RZ-3×50/54,6 (3 m). Os condutores tenderanse polos apoios existentes ou discorrerán grampados en fachada, non se instala ningún novo apoio. Conexión coa rede de naixa tensión existente mediante cinco pasos de soterrado a aéreo, para os novos condutores pousados de tipo RZ-3×95/54,6 e RZ-3×50/54,6.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións de distribución eléctrica de media tensión.

b) As instalacións de baixa tensión deberán inscribirse no Rexistro de Liñas Eléctricas de Distribución de Baixa Tensión da Consellería de Enerxía, Empresa e Innovación, mediante o procedemento IN407D, de acordo coa Resolución do 8 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se regula o procedemento de rexistro de liñas eléctricas de distribución de baixa tensión (DOG núm. 142, do 17 de xullo).

c) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

d) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescripcións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

e) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 25 de febreiro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña