Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2022 Páx. 15515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de febreiro de 2022 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 344/2021 no expediente de reposición da legalidade LUG/100/2014-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, en relación co procedemento ordinario número 344/2021, interposto pola persoa con DNI 20185845X, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 24.9.2021, interposto contra outra do 6.11.2020, expediente LUG/100/2014-RP1, na cal se declara que as obras executadas en solo rústico, consistentes na construción dunha edificación principal, de tres plantas (vivenda unifamiliar) e de catro construcións auxiliares, que conforman todas elas un conxunto construtivo ao servizo dun uso residencial, sen que exista vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, levadas a cabo no lugar de Porto de Lugo, parroquia de Pías, concello de Lugo, non son legalizables por ser incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras e o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas-LPACAP, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 20183404F para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística