Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2022 Páx. 15513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas do monte Tuxe, de titularidade de varios veciños da parroquia de Tuxe (San Pedro), do concello do Bolo.

De conformidade co establecido no artigo 11.3 do Decreto 167/2019, do 5 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, e no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que por espazo de dous (2) meses, que computarán a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, se abre un período de información pública do procedemento de inscrición de oficio, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, do monte Tuxe, de titularidade de varios veciños da parroquia de Tuxe (San Pedro), do concello do Bolo.

Durante o período de exposición, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Montes de Ourense os documentos seguintes:

– Memoria xustificativa.

– Plano da masa.

– Listaxe de parcelas catastrais afectadas.

Así mesmo, durante o período de exposición as persoas titulares das parcelas catastrais afectadas, individual ou colectivamente, poderán presentar as alegacións que consideren oportunas. Para iso poderán utilizar o formulario do anexo IV do Decreto 167/2019 e achegar a seguinte documentación:

a) Listaxe de parcelas catastrais incluídas na masa que son propiedade das persoas que alegan.

b) A xustificación da propiedade mediante documentación acreditativa da titularidade reflectida nos asentamentos do correspondente Rexistro da Propiedade e, na súa falta, no Catastro e, se for o caso, a acreditativa de situacións posesorias por calquera medio de proba válido en dereito ou, na falta destes, mediante declaración responsable que acredite a lexitimación para iniciar o procedemento de acordo co establecido no artigo 6.1 do decreto.

c) Se é o caso, acreditación mediante declaración responsable da condición de representante e dos poderes que ten recoñecidos para poder actuar en nome do solicitante.

d) No caso de pluralidade de persoas alegantes, listaxe completa da persoa ou persoas alegantes segundo o modelo específico dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

e) Calquera outra documentación que consideren pertinente achegar.

Este anuncio será, igualmente, obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural (www.mediorural.xunta.gal).

Este anuncio estará á disposición das persoas que o soliciten na sede electrónica.

Ourense, 18 de febreiro de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense