Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 4 de febreiro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado De Ardexarxe, a favor dos/das veciños/as de Ardexarxe, na parroquia de Fradelo (San Vicenzo), no concello de Viana do Bolo (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 23 de novembro de 2021, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado De Ardexarxe a favor dos/das veciños/as de Ardexarxe, na parroquia de Fradelo (San Vicenzo), no concello de Viana do Bolo (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 6 de marzo de 2020, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Martín Bembibre González, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas De Ardexarxe.

Segundo. Con data do 23 de xuño de 2021, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións ás que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: De Ardexarxe.

Superficie: 5,5 ha.

Pertenza: veciños/as de Ardexarxe.

Parroquia: Fradelo (San Vicenzo).

Concello: Viana do Bolo.

Nas seguintes táboas indícanse as referencias catastrais das parcelas obxectos de clasificación, así como as das estremeiras.

Predio 1. Os Bicos:

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

32087A02600032

Norte

32093A01500185

32087A02600033

32087A02600015

32087A02600013

32087A02600016

Leste

32087A02600008

32087A02600007

32087A02600034

Sur

32087A02600009

32087A02600004

32087A02609003

Oeste

32093A01500186

32093A01500921

Predio 2. Os Bicos:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

32087A02600031

Norte

32087A02600008

Leste

32087A02609001

Sur

32087A02609002

Oeste

32087A02600009

Predio 3. Sucarreira:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

32087A02700055

Norte

32087A02700012

Leste

32087A02609003

Sur

32087A02700007

Oeste

32087A02700006

32087A02700010

Predio 4. Campiña:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

32087A13000032

Norte e leste

32087A13000226

Sur e oeste

32087A13000030

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da dita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e correspóndelle constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado De Ardexarxe a favor dos/das veciños/as de Ardexarxe, na parroquia de Fradelo (San Vicenzo), no concello de Viana do Bolo (Ourense), de acordo coa descrición realizada no punto cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 4 de febreiro de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense