Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de declaración de extinción do título habilitante para o uso de vivenda.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para comparecer nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, situadas no Edificio Administrativo núm. 4 de San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido este prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2022

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Persoa interesada: Manuel Rodríguez Rey.

Acto de notificación: declaración de extinción do título habilitante para o uso de vivenda.