Mediante a Orde do 20 de novembro de 2019 deuse publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (DOG núm. 235, do 11 de decembro). No anexo II desta orde establécense as titulacións exixidas para impartir docencia nas distintas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario, entre as que se inclúe a especialidade de Física e Química (590007).
A Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ditou sentenza, que é firme, no PO 332/2020, pola que se anula o anexo II da dita orde, no que se refire á especialidade de Física e Química, e se ordena a inclusión da titulación de Enxeñaría de Minas entre as que permiten a incorporación ás listas desta especialidade.
En execución desta sentenza, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ACORDA:
Primeiro. Modificar o anexo II da Orde do 20 de novembro de 2019 (DOG núm. 235, do 11 de decembro) pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no que se refire á especialidade 590007 Física e Química, que queda redactado como segue:
590007 Física e química |
Enxeñaría: |
Aeronáutica |
Camiños, Canles e Portos |
||
Industrial |
||
Minas |
||
Naval e Oceánica |
||
Química |
||
Telecomunicación |
||
Licenciatura: |
Bioquímica |
|
Biotecnoloxía |
||
Física |
||
Química |
||
Grao en: |
Arquitectura Naval |
|
Arquitectura Naval e Enxeñaría de Sistemas Mariños |
||
Arquitectura Naval e Enxeñaría Marítima |
||
Bioquímica |
||
Bioquímica e Bioloxía Molecular |
||
Bioquímica e Ciencias Biomédicas |
||
Biotecnoloxía |
||
Ciencias Agrarias e Bioeconomía |
||
Ciencias e Tecnoloxías de Telecomunicación |
||
Ciencias Experimentais |
||
Enxeñaría da Tecnoloxía de Minas e Enerxía |
||
Enxeñaría da Tecnoloxía Mineira |
||
Enxeñaría de Recursos Enerxéticos e Mineiros |
||
Enxeñaría de Recursos Mineiros e Enerxéticos |
||
Enxeñaría de Tecnoloxía de Minas e Enerxía |
||
Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais |
||
Enxeñaría de Tecnoloxías Mineiras |
||
Enxeñaría dos Recursos Mineiros |
||
Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos |
||
Enxeñaría en Recursos Enerxéticos e Mineiros |
||
Enxeñaría en Tecnoloxía Industrial |
||
Enxeñaría en Tecnoloxía Mineira |
||
Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais |
||
Enxeñaría Mineira |
||
Enxeñaría Mineira e Enerxética |
||
Física |
||
Mariña |
||
Nanociencia e Nanotecnoloxía |
||
Náutica e Transporte Marítimo |
||
Química |
||
Tecnoloxía da Enxeñaría Civil |
Segundo. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.
Disposición derradeira. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2022
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade