En sesión que tivo lugar o 15 de febreiro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), modificada pola Resolución do 23 de setembro de 2020 (DOG núm. 197, do 29 de setembro) e pola Resolución do 8 de setembro de 2021 (DOG núm. 175, do 10 de setembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro),
ACORDOU:
Primeiro. Declarar exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral da Función Pública, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da orde da convocatoria.
Segundo. Declarar finalizada a fase de oposición do proceso selectivo.
De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2022
Juan José Nieto Montero
Presidente do tribunal