Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2022 Páx. 11089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Cesáreo Vázquez Portomeñe.

Antecedentes.

Mediante a Resolución do 18 de febreiro de 2021, acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Cesáreo Vázquez Portomeñe (ABI/2015/0027).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (supl. N. nº 61, do 12.3.2021), no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 45, do 8.3.2021), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Monforte de Lemos (Lugo) e Monterroso (Lugo) por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, en que se acredita o seu falecemento o 30 de outubro de 2011 no municipio de Monforte de Lemos e que, aínda que tiña outorgado testamento, o herdeiro instituído renunciou á herdanza, sen que consten outras persoas con mellor dereito a suceder co da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento nos concellos de Monterroso e Monforte de Lemos, quedando xustificada formalmente a súa veciñanza civil galega.

Non se teñen recibido alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o Catastro Inmobiliario, no Índice Xeral Informatizado de Predios e Dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información obtida de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte do caudal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueles outros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións efectuadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20 bis e 20 ter .1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 11/2021, do 21 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Cesáreo Vázquez Portomeñe, con DNI 34192470A, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Bens inmobles urbanos:

– Inmoble destinado a vivenda situado no lugar de Viloíde, 8, parroquia de San Cristovo de Viloíde, Monterroso (Lugo), cunha superficie construída de 178 m2, composto por un andar baixo e unha primeira planta que ocupan 89 m2 por planta. Estrema: norte, camiño e máis de Cesáreo Vázquez Portomeñe, parcela catastral nº 139; sur e leste, Cesáreo Vázquez Portomeñe, parcela catastral nº 139 ; e oeste, camiño.

Referencia catastral: 000300100NH93B0001WG.

Valor catastral: 17.633,27 euros.

Non consta inscrición rexistral.

– Parcela nº 139 do polígono 55 do Catastro Inmobiliario á cal chaman «Trala casa», no lugar de Viloíde, parroquia de San Cristovo de Viloíde, Monterroso (Lugo), cunha superficie de 1.350 m2. Estrema: norte, parcela catastral nº 143; sur, estrada provincial LU-6003; leste, parcela catastral nº 140; e oeste, camiño.

Referencia catastral: 27032A055001390001AQ.

Valor catastral: 2.228,79 euros.

Non consta inscrición rexistral.

b) Bens inmobles rústicos:

Municipio de Monterroso (Lugo), identificados pola súa referencia catastral:

– 27032A055001040000PL

– 27032A055001060000PF

– 27032A055001080000PO

– 27032A055001390000PM

– 27032A055001420000PM

– 27032A055001520000PJ

– 27032A055001600000PH

– 27032A055001650000PG

– 27032A055001780000PD

– 27032A055001800000PR

– 27032A055001820000PX

– 27032A055001840000PJ

– 27032A055001850000PE

– 27032A055001860000PS

– 27032A056001270000PE

– 27032A056001570000PI

– 27032A056001640000PZ

– 27032A056001790000PF

– 27032A056001810000PT

– 27032A056002070000PL

– 27032A056002290000PW

– 27032A056002860000PI

– 27032A056002910000PE

– 27032A056002970000PA

– 27032A056002980000PB

– 27032A056003010000PG

– 27032A056003090000PK

– 27032A056003110000PO

– 27032A056003120000PK

– 27032A056003140000PD

– 27032A056003290000PY

b) Contratos e outros efectos bancarios:

– BBVA, conta aforro: 0182 1079 23 0210020646

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios dos concellos de Monforte de Lemos e Monterroso.

Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio