Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2022 Páx. 11094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Amancia González Hortas.

Antecedentes.

Mediante a Resolución do 22 de febreiro de 2021, acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Amancia González Hortas (ABI/2016/0002).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (supl. N. nº 77, do 31.3.2021), no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 57, do 25.3.2021), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios do concello de Castro de Rei (Lugo) por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, en que se acredita o seu falecemento, o 10 de agosto de 2015 no municipio de Castro de Rei, e que non tiña outorgado testamento rexistrado. Así mesmo, figura igualmente incorporado o certificado do seu empadroamento no Concello de Castro de Rei, quedando xustificada a súa veciñanza civil galega.

Non se teñen recibido alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o Catastro Inmobiliario, no Índice Xeral Informatizado de Predios e Dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información acadada de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte do caudal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueles outros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20.bis e 20 ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 11/2021, do 21 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Amancia González Hortas, con DNI 33659847Z, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Inmobles urbanos:

– Vivenda situada no lugar da Igrexa, 7, parroquia de San Xoán de Azúmara, Castro de Rei (Lugo), cunha superficie construída de 224 m2, cun andar baixo e unha primeira planta que ocupan uns 112 m2 por planta. Estrema: norte, camiño e máis de Amancia González Hortas, parcela catastral núm. 5; sur, máis de Amancia González Hortas, parcela catastral núm. 5; leste, máis de Amancia González Hortas, parcela catastral núm. 5 e oeste, camiño.

Referencia catastral: 002200700PH38C0001YY.

Valor catastral: 7.902,56 euros.

Non consta inscrición rexistral.

b) Inmobles rústicos:

– Parcela catastral núm. 31 do polígono 139, situada en Agra do Castro, Castro de Rei (Lugo), cunha superficie de 882 m2. Estrema: norte, Manuel Cornide, parcela catastral núm. 32; sur, Marcelino María Díaz Veiga, parcela catastral núm. 28 e máis con Norma Carballeira Ramos, parcela catastral núm. 30; leste, Norma Carballeira Ramos, parcela catastral núm. 78 e máis con María Digna Folgueira Martínez, parcela catastral núm. 79; oeste, José María Freire Gallego, parcela catastral núm. 3.

Referencia catastral: 27010A139000310000QR.

Valor catastral: 62,38 euros.

Non consta inscrición rexistral.

– Parcela catastral núm. 45 do polígono 141, situada en Fontela, Castro de Rei (Lugo), cunha superficie de 727 m2. Estrema: norte e oeste, José María Freire Gallego, parcela catastral núm. 46; sur, Piedad Santomé Ramos, parcela catastral núm. 40; leste, Isaura Gesto Prieto, parcela catastral núm. 44, Edelbina Carballes Rodríguez, parcela catastral núm. 43, Veneranda Rielo Losada, parcela catastral núm. 42 e máis con José Rodríguez Carballeira, parcela catastral núm. 41.

Referencia catastral: 27010A141000450000QL.

Valor catastral: 67,95 euros.

Non consta inscrición rexistral.

– Parcela catastral núm. 48 do polígono 141, situada en Lourís, Castro de Rei (Lugo), cunha superficie de 4.294 m2. Estrema: norte, José María Freire Gallego, parcela catastral núm. 49 e máis Concello de Castro de Rei, parcela catastral núm. 47; sur, río Azúmara; leste, camiño; oeste, José María Freire Gallego, parcela catastral núm. 49.

Referencia catastral: 27010A141000480000QM.

Valor catastral: 261,12 euros.

Non consta inscrición rexistral.

– Parcela catastral núm. 2 do polígono 142, situada en Palomar, Castro de Rei (Lugo), cunha superficie de 39.979 m2. Estrema: norte, Monte Veciñal en Man Común de Azúmara, parcela catastral núm. 26 e máis Sinesio Carballeira Ramos, parcela catastral núm. 7; sur, camiño; leste, río Azúmara; e oeste, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Azúmara, parcela catastral núm. 26.

Referencia catastral: 27010A142000020000QI.

Valor catastral: 1.214,78 euros.

Non consta inscrición rexistral.

– Parcela catastral núm. 21 do polígono 142, situada en Lastra, Castro de Rei (Lugo), cunha superficie de 4.368 m2. Estrema: norte, río Azúmara; sur, Jesús Castro Lage, parcela catastral núm. 18 e máis Dosinda González Novo, parcela catastral núm. 20; leste, Sinesio Carballeira Ramos, parcela catastral núm. 16; oeste, Inés Corbelle Varela, parcela catastral núm. 27.

Referencia catastral: 27010A142000210000QP.

Valor catastral: 21,97 euros.

Non consta inscrición rexistral.

– Parcela catastral núm. 54 do polígono 142, situada en Rega da Vitorna, Castro de Rei (Lugo), cunha superficie de 10.451 m2. Estrema norte, sur, leste e oeste, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Azúmara, parcela catastral núm. 26.

Referencia catastral: 27010A142000540000QL. 

Valor catastral: 23,72 euros.

Non consta inscrición rexistral.

– Parcela catastral núm. 5 do polígono 148, situada en Tras dos Pinos, Castro de Rei (Lugo), cunha superficie de 11.405 m2. Estrema: norte, Edelbina Carballes Rodrígues, parcela catastral núm. 9 e máis José Rielo Novo, parcela catastral núm. 4; sur, estrada LU-P-1611; leste, parcela catastral núm. 153; oeste, camiño e máis Amancia González Hortas, parcela catastral núm. 007.

Referencia catastral: 27010A148000050000QP. 

Valor catastral: 219,82 euros.

Non consta inscrición rexistral.

– Parcela catastral núm. 18 do polígono 154, situada en Veigas da Barcia, Castro de Rei (Lugo), cunha superficie de 772 m2. Estrema: norte, Edelbina Carballes Rodríguez, parcela catastral núm. 17; sur, Andrés Pérez Carro García, parcela catastral núm. 19 ; leste, camiño; oeste, río Azúmara.

Referencia catastral: 27010A154000180000QU. 

Valor catastral: 136,71 euros.

Non consta inscrición rexistral.

– Parcela catastral núm. 20 do polígono 154, situada en Veigas da Barcia, Castro de Rei (Lugo), cunha superficie de 3.050 m2. Estrema: norte, Andrés Pérez Carro García, parcela catastral núm. 19; sur, María del Carmen Castro Corbelle, parcela catastral núm. 21; leste, camiño; oeste, río Azúmara.

Referencia catastral: 27010A154000200000QZ.

Valor catastral: 540,41 euros.

Non consta inscrición rexistral.

c) Contratos e outros efectos bancarios:

– Caixa Rural Galega, conta de aforro: ES79 3070 0004 61 6060567218.

– Caixa Rural Galega, depósito a prazo: ES72 3070 0004 64 6061856230.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio. Anuncio que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios do concello de Castro de Rei.

Esta resolución poderá ser impugnada por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2022

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio