Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 7 de febreiro de 2022 Páx. 9384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao deslindamento parcial do monte da parroquia do Sisto, no concello de Ourol (expediente 4DES/2019).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 20.12.2021, figura o seguinte acordo:

MVMC Espenucas, Algosas, Couteiro, Pico de Paredes e Costa de Cebrán (expediente 121/78), pertencente aos veciños da parroquia do Sisto, concello de Ourol.

– O 22.8.2019 tivo entrada unha proposta, aprobada pola comunidade do Sisto, de deslindamento parcial do monte con propiedades particulares.

– O 2.9.2019, o Servizo de Montes emite un informe favorable da proposta de deslindamento.

– O 11.9.2019 envíase ao Concello de Ourol o anuncio para os efectos da súa publicidade no seu taboleiro de anuncios.

– O 25.9.2019 publícase no DOG o anuncio polo que se fai pública a proposta de deslindamento e se abre o prazo para alegacións. Expediente de deslindamento 4DES/2019.

– O 15.5.2020 a comunidade do Sisto presenta unha proposta que recibe o informe favorable do Servizo de Montes o 18.5.2020.

– O 25.11.2021 a comunidade do Sisto presenta a proposta da liña de deslindamento definitiva e achega a documentación requirida no artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia.

– O 14.12.2021, o Servizo de Montes emite un informe en que se especifican as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento. Segundo a nova cartografía, o monte de Espenucas, Algosas, Couteiro, Pico de Paredes e Costa de Cebrán pasa a ter una superficie de 329,77 hectáreas.

De conformidade co disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, no caso de informe favorable, unha vez ratificado o deslindamento provisional pola asemblea xeral, darase traslado ao xurado provincial dos acordos alcanzados e o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ditará resolución aprobatoria do deslindamento.

En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento e realizar as oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe elaborado polo Servizo de Montes.

O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, corresponde ao monte veciñal tras o deslindamento aprobado.

Contra este acordo, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 17 de xaneiro de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file